1. |
Follas Novas
04:11
|
|||
Ben sei que non hai nada
Novo embaixo do ceo
Que antes outros pensaron
Mesmo o que agora eu penso
E ben, ¿para que escribo?
E ben, porque así somos
Relox que repetimos
Eternamente o mesmo
Uh, uh, uh
Tal como as nubes
Que leva o vento
Así son as ideas
Loucas que eu teño
De estrañas feituras
De cores incertos
Asombran, aclaran
O fondo sen fondo do meu pensamento
Follas novas
Follas novas en branco a comezar
Follas novas
Follas novas que hoxe queren falar
Uh, uh, uh
Algúns din: ¡miña terra!
Din outros: ¡meu cariño!
E este: ¡miñas lembranzas!
E aquel: ¡os meus amigos!
Todos suspiran, todos
Por algún ben perdido
Eu só non digo nada
Eu só nunca suspiro
Follas novas
Follas novas en branco a comezar
Follas novas
Follas novas que hoxe queren falar
Que o meu corpo de terra
E o meu cansado espírito
A onde quer que eu vaia
Van comigo
Uh, uh, uh
Follas novas
Follas novas en branco a comezar
Follas novas
Follas novas que hoxe queren soñar
|
||||
2. |
¿Por Que?
03:15
|
|||
¿Por que, miña almiña
Agora non queres
O que antes querías?
¿Por que, pensamento
Agora non vives
De amantes desexos?
¿Por que? ¿Por que?
Eu quero saber
¿Por que? ¿Por que?
Eu quero entender
¿Por que, corazón
Agora non falas
Falares de amor?
¿Por que xa non bates
Con doce batido
Que calma os pesares?
¿Por que? ¿Por que?
Eu quero saber
¿Por que? ¿Por que?
Eu quero entender
Din que en cada momento hai que amar
Non só hai que preguntar
E así é que ten que ser
Todo muda na vida
Eu ben sei a teoría
E aínda así quero saber por que
¿Por que? ¿Por que?
¿Por que, meu espírito
Agora te humillas
Cando eras altivo?
¿Por que, en fin, meu Deus
A un tempo me faltan
A terra e o ceo?
¿Por que? ¿Por que?
Eu quero saber
¿Por que? ¿Por que?
Eu quero entender
|
||||
3. |
Lúa Descolorida
04:23
|
|||
Lúa descolorida
Como cor de ouro pálido
Vesme i eu non quixera
Me vises de tan alto
O espazo que recorres
Lévame, caladiña, nun teu raio
Astro das almas orfas
Lúa descolorida
Eu ben sei que n’alumas
Tristeza cal a miña
Vai contalo ó teu dono
E dille que me leve a onde habita
Lúa descolorida
Mais non lle contes nada
Descolorida lúa
Pois nin neste nin noutros mundos teréi fortuna
Lúa descolorida
Se sabes onde a morte
Ten a morada escura
Dille que corpo e alma
Me leven a onde non recorden nunca
Nin no mundo en que estou nin nas alturas
Lúa descolorida
|
||||
4. |
Paz Desexada
03:16
|
|||
Paz desexada
Pra min, ¿onde está?
Quizais n’hei de tela
¡N’a tiven xamais!
Sosego, descanso
¿Onde o hei de atopar?
Nos mal's que me matan
Na dor que me dan
¡Paz!
¡Paz ti es mentira!
¡Paz! ¡Paz!
¡Pra min non a hai!
A un batido, outro batido
A un-ha dor outra dor
Tras d’un olvido, outro olvido
Tras d’un amor, outro amor
E ao fin de fatiga tanta
E de tan diversa sorte
A vellez que nos espanta
Ou o repousar d’á morte
¡Paz!
¡Paz ti es mentira!
¡Paz! ¡Paz!
¡Pra min non’a hai!
Cando era tempo de inverno
Pensaba onde estarías
Cando era tempo de sol
Pensaba onde andarías
¡Agora!... Tan soio penso,
Meu ben, ¡se me olvidarías!
|
Streaming and Download help
If you like Lúa Descolorida: Tributo A Rosalía De Castro, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp